Xenocidio do Putumayo

Homes witotos en condicións de escravitude durante a febre do caucho.

O xenocidio do Putumayo é o termo empregado para facer referencia aos anos de abusos, escravitude forzada, masacres e etnocidio cometidos pola Peruvian Amazon Company contra os pobos indíxenas da Amazonia, en concreto na zona entre o río Putumayo e o río Caquetá durante a época de 1879 e 1912 en plena febre do caucho.[1][2][3] Os pobos que foron vítimas destes crimes foron os andaquís, os boras, os carijonas, os ingas, os cabiyaris, os mirañas, nonuyas, os ocainas, sionas, os tanimucas, os witotos e os yucunas, e a cifra de vítimas mortais calcúlase entre 242 000 e 450 000.[4]

  1. "Cien años después, la Amazonía recuerda uno de sus episodios más trágicos". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  2. "Memoria de una herida que no cierra - Min. Cultura de Colombia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2023. Consultado o 25 de abril de 2023. 
  3. Jordán, Pilar García; Izard, Miquel (1992). Conquista y resistencia en la historia de América (en castelán). Edicions Universidade de Barcelona. ISBN 978-84-475-0073-4. Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  4. White, Matthew. "Mid-Range Wars and Atrocities of the Twentieth Century". Necrometrics. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xull o de 2019. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search